A Gudiña (08)

(gl)

O día 27 de decembro de 2013 tivo lguar o primeiro BIComún en A Gudiña (Ourense), concretamente na Casa da Viúva. Nesta ocasión, o BIComún é unha iniciativa organizada por Olalla Manzano e Cristina Fernández en colaboración con Niquelarte, para levar a cabo unha necesaria diagnose común do patrimonio gudiñés.

A partir de 7 imaxes escollidas de bens patrimoniais do Concello de A Gudiña, etiquetáronse os distintos elementos a través dun sinxelo código de cores. Cada cor marcou se os bens son coñecidos, estan ben ou mal conservados e se nos gustaría recuperalos.

Páxina do evento en Facebook.


#AGudiñaBen1

Nome / Forno de Malvar

Cronoloxía / Finais Século XIX

Localización / Campo de Malvar, A Gudiña

Descrición / O de Malvar é un dos varios fornos comunitarios construídos na Gudiña o longo dos séculos XIX e XX. Nel coceron o pan moitas familias ata épocas moi recentes. Actualmente é o único que queda en pé, aínda que lamentabelmente atópase en estado ruinoso. Como patrimonio etnográfico, goza de categoría de protección especial.

A Gudiña #1

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):

Lugar público = Competencia municipal. Non esquezamos nosas raíces e ancestros. Pan = vida / Un ben tan preciado non pode estar así de abandonado. Recuperalo e darlle utilidade. / Está moi mal conservado, é unha vergoña. / Mal conservado non son as palabras. Mellor sería dicir que é unha vergoña.

 0 está ben conservado

 6 ●●●●● non o coñezo 

 44 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 49 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● está mal conservado


#AGudiñaBen2

Nome / Estación A Gudiña

Cronoloxía / Inaugurada no ano 1957

Localización / Rúa B. Sebastián de Aparicio, A Gudiña

Descrición / A liña ferroviaria que unía Puebla de Sanabria con Ourense e a estación do tren na Gudiña, un edificio dunha arquitectura característica e funcional, foron inaugurados no ano 1957 (coa presenza do ditador en dito evento). Dende os anos 60 ata finais dos 80 viviuse unha época de bonanza para o transporte ferroviario coa que a estación sairía moi beneficiada. Porén, a partir dos 90 e coa entrada do S. XIX chegou o declive, sendo hoxe unha presencia testemuñal no traxecto Madrid-Coruña.

A Gudiña #2

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):

Me gustaría que se utilizaran las oficinas y se rehabilitasen / Gustaríame que tivera o servizo que lle falta / NADA UTILIZADO Por favor recuperalo para o pobo e darlle utilidade / Está ben conservado o edificio porque non cae, pero a súa utilización está moi mal conservada / Ademais de mal conservada está verdadeiramente sucia.

 29 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● está ben conservado

 0 non o coñezo

 10 ●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 9 ●●●●●●●●● está mal conservado


#AGudiñaBen3

Nome / Estatua-Menhir do Tameirón

Cronoloxía / Idade do Bronce

Localización / Xardíns do Toural, A Gudiña

Descrición / Trátase dun estatua feita en pedra de granito, de cor rosácea, cuxa configuración xeral semella unha figura antropomorfa. Este ben arqueolóxico, exemplo da estatuaria de finais da Idade do Bronce, foi achado por un veciño do Tameirón de forma casual e dada a coñecer por Xosé Rodríguez e Elixio Rivas no ano 2002. Despois de anos gardada en dependencias do Concello da Gudiña, pasou a ser colocada nos Xardíns do Toural.

A Gudiña #3

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):

Debería conservarse no lugar de orixe para axudar a súa contextualización / Estatua-menhir: pequena reseña o pé estaría ben (informativa) / Conservalo no lugar orixinal / Creo que debería estar no lugar de orixe.

 20 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●● está ben conservado

 22 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● non o coñezo

 12 ●●●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 3 ●●● está mal conservado


#AGudiñaBen4

Nome / Tesouro da Urdiñeira

Cronoloxía / Idade de Bronce

Localización / Regato do Trabazón, en Parada da Serra

Descrición / Os dous brazaletes de ouro mailo botón de bronce, que compoñen o denominado tesouro da Urdiñeira, foron atopados por unha pastora, que inocentemente o cedeu o párroco da aldea. Este vendeu as pezas, e os brazaletes marcharon a Lugo mentres que o botón permaneceu en Ourense. As pezas poden ser consideradas obxecto de alto status na Prehistoria Recente, ademais de aportar valiosa información arqueolóxica. Recuperado para o seu estudo pola arqueóloga Beatriz Comendador, naceu un proxecto baixo o seu nome, o Proxecto Urdiñeira, do que xorden varias liñas de investigación na Universidade de Vigo.

A Gudiña #4

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):

Que sexa exposto no museo (o público) / Este tesouro é da nosa zona, por eso deberíamos poder disfrutar del aquí / Un tesouro que debe ser recuperado para o pobo de Parada / Debe ser exposto no seu lugar de orixe.

 27 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● está ben conservado

 28 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● non o coñezo

 10 ●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 0 está mal conservado


#AGudiñaBen5

Nome / Casa da Viúva

Cronoloxía / Século XIX-XX

Localización / Rúa Beato Sebastián de Aparicio, A Gudiña

Descrición / Edificio rectangular de sillería de granito e estilo popular

De rutilante historia, albergou a tenda da Viúva durante a primeira metade do século XX. Non soamente foi un edificio comercial, senón que tamén foi a residencia de Felicísimo Pérez, o alcalde republicano da Gudiña. Corren numerosas lendas sobre a fuxida de Felicísmo (que se escapou polo balcón traseiro da casa, que se fuxiu polo Val da Carqueixa…), pero en todo caso, este magnífico espazo que constitúe a Casa da Viúva garda unha importante parte da historia política deste pobo.

A Gudiña #5

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):

Casa da Viúva: Promoción municipal. Por favor Actividades XA! / Gustaríame que fose mais aproveitada. Creo que non se lle saca partido / Gustaríame que a utilizasen para mais actividades / Gustaríame que se utilizase para algo / É unha mágoa que coa sorte que temos de ter un local así, non se poida usar para diversas actividades / Gustaríame que se utilizase para facer mais actividades / CARECE DE CONTIDOS CULTURAIS.

 46 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● está ben conservado

 2 ●● non o coñezo

 13 ●●●●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 1  está mal conservado


#AGudiñaBen6

Nome / Minas de Barxa.

Cronoloxía / Época Moderna/Contemporánea

Localización / Barxa (concello da Gudiña)

Descrición / Sitas no paraxe de Valgrande, en Barxa, son un enclave mineiro rural no que se explotaba o mineral de estaño. No interior, as galerías espállanse monte dentro, mentres que no exterior se poden observar restos de edificios administrativos e dunha ponte que ameaza con caer dende fai anos. Nas súas inmediacións atópase o coñecido coma Montefurado, burato no monte ideado para un mellor abastecemento hídrico da área mineira. Os veciños falan de explotacións moi antigas dicindo “disque os romanos traballaron Valgrande!!” mentres que alí mesmo se poden observar galerías que remontan tempo e tempo atrás.

A Gudiña #6

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):

Os letreiros están indicando pra Ferrería. Están mal postos.

 1  está ben conservado

 20 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● non o coñezo

 29 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 30 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● está mal conservado


#AGudiñaBen7

NomeEntorno natural da Ribeira

CronoloxíaIndeterminado

Localización / A Ribeira, o sur da Gudiña

Descrición / En torno o río Ribeira, que cruza o concello da Gudiña de este a oeste, articúlase un espazo natural formado por un área fluvial e de recreo máis unha pequena zona de merenda. É unha zona moi apreciada polos veciños e regularmente visitada durante case todos os períodos do ano. Tamén hai un muiño en estado de abandono, unha ponte de época moderna, un castro sito na mesma paraxe e petróglifos nas inmediacións deste lugar que, malia ser unha xoia do patrimonio natural gudiñés, segue sendo un gran descoñecido.

A Gudiña #7

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):

Gustaríame que se aproveitaran e explotaran mais os recursos que temos / Reconstrución do muiño e mellora da ponte XA! /

 0 está ben conservado

 3 ●● non o coñezo

 39 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 46 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● está mal conservado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*