Camariñas (07)

(gl)

Dous pobos da Costa da Morte (Camariñas e Muxía) foron o seguinte destino de #BIComún xunto a Lupita Jiménez Esquinas, quen nesta ocasión contactou connosco para empregar o método como parte do traballo de campo da súa tese de Doutorado. Lupita adaptou o método ao seu traballo e fixo do mesmo una mellora en moitos aspectos, engadiu o enfoque de xénero e mudou as preguntas da diagnose para adaptalas aos seus obxectivos:


#CamariñasBen1

Nome / Festas do Carme.
Cando / 16 e 17 de Xullo.
Onde / Na vila de Camariñas, o seu porto e o mare.
Como / Festas adicadas á patroa dos mariñeiros onde se baila a “danza dos arcos” e se celebra unha procesión marítima con tódolos barcos engalanados para a ocasión.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): Festas para sempre / Danza de arcos / Grazas á comisión actual está volvendo ser o que era / É o que alegra / Cor e danza para reinventarse / A xente xa no baila

A. Fai parte do meu patrimonio
B. Gostaría de reutilizalo
C. Non o coñezo


#CamariñasBen2

Nome / Castelo do Soberano.
Cando / S. XVIII
Onde / Vila de Camariñas.
Como / Fortificación para a defensa da Ría de Camariñas.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): Forza fronte o mar / Que o arregle o seu dono (sen fondos públicos) / Conflicto político / Xa no queda nada / Reconstrución / É privado / Memoria histórica / A decisión xa no é nosa / Que fagan un hotel / Que nom o vendan porque é patrimonio / Respeto a la historia / Desfeito

A. Fai parte do meu patrimonio
B. Gostaría de reutilizalo
C. Non o coñezo


#CamariñasBen3

Nome / Cemiterio dos Ingleses.
Cando / 1890
Onde / Punta do Boi, parroquia de Xaviña.
Como / Cemiterio onde descansan as vítimas do naufraxio do Serpent e lémbranse outras doutros naufraxios na Costa da Morte.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): Descanso, recordo da morte en vida / Faltan frores / Recordatorio do desastre / Paréceme fantástico. Máis información / A canción

A. Fai parte do meu patrimonio
B. Gostaría de reutilizalo
C. Non o coñezo


#CamariñasBen4

Nome / Conserveira Cerdeimar.
Cando / 1884
Onde / Vila de Camariñas.
Como / Industria para a produción de conservas de peixe e mariscos.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): Aquí podemos facelos peixes, os spaguettis con atún / É importante conservar a industria / A industria non é patrimonio / Contaminación / Patrimonio industrial. Vivo sempre, necesario / O pan para Camariñas / Moito dá de comer / Patrimonio ou non, segundo a orixe dos peixes

A. Fai parte do meu patrimonio
B. Gostaría de reutilizalo
C. Non o coñezo


#CamariñasBen5

Nome / Faro Vilán.
Cando / (1854) 1896
Onde / Cabo Vilán.
Como / Faro de gran importancia para a navegación a través da perigosa Costa da Morte.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): Todo que haxa arredor dos nosos pobos é importante, trae turismo / Moito máis fermoso que o de fisterra / Faros da vida / Insignia de Camariñas / Paseo hacia Cabo Vilán

A. Fai parte do meu patrimonio
B. Gostaría de reutilizalo
C. Non o coñezo


#CamariñasBen6

Nome / Foxo dos lobos.
Cando / Dende o S.XVI até o XX
Onde / Preto das praias de Reira.
Como / Conxunto formado por dúas paredes que converxen nun foxo cara onde se conducía o lobo durante as batidas.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): É importante que se conserve todo o antigo / Coñezoo de oídas / Abandonado / Necesita señalización / Misterio

A. Fai parte do meu patrimonio
B. Gostaría de reutilizalo
C. Non o coñezo


#CamariñasBen7

Nome / A historia do Man e a súa casa-museo.
Cando / Chegou nos 60’s até o 28 do decembro do 2002.
Onde / Rúa Eulogio Gómez Franqueira (A Ponte).
Como / Dique no porto de Camelle.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): Marabilloso recordo da infancia, inspiración para a vida. Man, ese home máxico / Xa conseguiu ser de aquí / Vergoña de xestión / Urgente / Que decidan os Camelláns / Creo que se está xestionando mal a sua herencia

A. Fai parte do meu patrimonio
B. Gostaría de reutilizalo
C. Non o coñezo


#CamariñasBen8

Nome / Paisaxe.
Cando / Sempre.
Onde / En tódolos lados.
Como / Paisaxe marítimo e terrestre do Concello de Camariñas.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): A paisaxe xa tiña que ser patrimonio / O cabalo do xadrez / No dejar construir en la playa / Todo / O Vilán de Terra. O Carreiro. O Vilán de Fóra / Tódalas praias son fermosísimas / Percebes. Pedra a Portuguesa

A. Fai parte do meu patrimonio
B. Gostaría de reutilizalo
C. Non o coñezo


#CamariñasBen9

Nome / Palilleiras e encaixe.
Cando / Sempre.
Onde / En casas, palilladas, asociacións e rúas.
Como / Artesanía téxtil feita polas mulleres da zona como xeito de vida.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): Beleza, inxenio, destrezas femininas / Isto non desaparecerá nunca / Agora é mais tradición que economía / ¡Que vivan las palilleiras de Camariñas! / Todas as nosas casas teñen almohada / Debate de patente / Ensinalo fóra foi un erro / Un ben cultural. Así que adiante

A. Fai parte do meu patrimonio
B. Gostaría de reutilizalo
C. Non o coñezo


#CamariñasBen10

Nome / Pesca e marisqueo.
Cando / Sempre.
Onde / Mar e praias.
Como / Actividade económica e cultural de gran importancia.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): Peixe, arte, alimento / Que non se colla o pequeno / Los marineros no cuidan el mar / Os guapos e os feos / No desaparece / Riqueza de código / Non deixan traballar / O máis importante de todo é a pesca, sen ela o pobo morre / Já é de todas partes

A. Fai parte do meu patrimonio
B. Gostaría de reutilizalo
C. Non o coñezo


 

PRENSA

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*