Metodoloxía

A metodoloxía BIComún é a suma de tres ferramentas: derivas + mapexos colectivos+ galerías fotográficas.

É un proceso mancomunado, é dicir, realizado entre dúas ou máis persoas nun espazo social específico (barrio, praza, parque, etc.). Ademáis é un proceso aberto que varía segundo o contexto, as personas que o practican e os momentos específicos nos que ten lugar.

Non se trata dunha acción participativa onde tomamos decisiónss para todos, senón unha metodoloxía de intervención social que se fai entre todos en base a accións comúns.

Derivas

As derivas teñen a súa orixe na teoría situacionista que Guy Debord (1958) e colegas acuñaron na Europa de fins da primeira metade do século XX e que definiron como “unha técnica de pasos ininterrumpidos a través de ambientes diversos”. É unha ferramenta que se opón ás nocións coñecidas de paseo e implica situacións psicoxeográficas, é dicir, incide nos efectos que o espazo xeográfico que habitamos e transitamos ten sobre as nosas emocións. Como nos inflúen as persoas e as experiencias coas que nos atopamos nas rúas? Neste paseo inusual, as acompañantes déixanse levar polo espontáneo e expresan o que sinten nos acontecementos que se suceden.

Previamente trázase unha guía de preguntas como punto de partida: (coñeces o barrio? / está ben conservado? / contribúes ao seu coidado? / gostarías de reutilizar espazos do barrio? / que emoción che esperta o barrio?).

Xunto a elas, intervéñense mapas individuais nos que se localizan puntos de recoñecemento de bens comúns, personas que habitan e transitan o espazo e prácticas polas cales se sosteñen.

En definitiva, a deriva permite que establezamos un punto de partida para recoñecer o espazo, recoñecernos nel e recoñecer ás súas xentes.


Mapexos colectivos

Os mapeos colectivos ou cartografías sociais facilitan a análise dun territorio específico, facendo visibles problemáticas concretas que están afectando ás persoas e ás prácticas que sosteñen a súa vida en común.

Para mapear empréganse preguntas guía códigos de cores (vermello/amarelo/verde/azul) en relación a temáticas concretas que nos invitan a ollarnos nos nosos contextos e a practicar outra maneira de ver o espazo social que habitamos, transitamos e no cal nos relacionamos.

“A cartografía non so describe dende o obxectivo e o subxectivo, senón que fai ver aquilo que pasa desapercibido, carente de articulación ou sentido inminente, recuperándoo e transformándoo moitas veces nun acontecemento significativo a nivel territorial” (Carballeda, 2012).


Galerías fotográficas

Organízase unha galería fotográfica nun espazo social aberto (praza, parque ou lugar de importancia para a vecindade), dunha serie de 10-15 imaxes de bens comúns dese territorio ou zona xeográfica concreta (elementos que son escollidos previamente coa comunidade a partires das derivas e mapeos). Convídase aos habitantes a formar parte deste proceso de diagnose no que xogamos coa memoria común, coa análise da realidade actual e coas proxeccións futuras.

Para a diagnose empréganse uns autocolantes que poden ser de dous tipos:

De cores: responden a ideas de prantexamento sinxelo que fan pensar sobre se os bens patrimoniais son coñecidos, se están ben/mal conservados ou se precisan dunha intervención. Invita ao diálogo, danse opinións e coméntanse as decisións.

Autocolantes en branco: pídese á xente que encha estes espazos en branco cunha frase ou palabra que, segundo cada quen, está relacionada co ben. Exercicio interno, individual en silencio, que sae do diálogo emocional. O que se escribe é unha reflexión.

Estes son os pasos que seguimos para organizar un:

01. Selección de elementos patrimoniais da vila, da bisbarra ou da área xeográfica que escollan. A selección non é individual, senón colectiva.
02. Fotografiar elementos elixidos ou recoller fotografías da memoria común.
03. Escoller un muro ou parede asociada, nun lugar preferentemente céntrico onde pase a xente e que leve consigo algún valor simbólico para a vila, dende o punto de vista patrimonial.
04. Preparar o material para a intervención na rúa [pode ser no plano dixital, deseñando en base aos cartaces existentes doutros bicomúns; ou manualmente].
05. Imprimir fotos en branco e negro ou cor [como prefiras e segundo o presuposto co que contes].
06. Mercar ou fabricar etiquetas de cores:

etiqueta 2 = non coñezo o ben
 etiqueta 3 = ben conservado
• etiqueta 4 = mal conservado
 etiqueta 5 = gustaríame reutilizalo / que o rehabilitasen
   etiqueta 6 = en branco [engade unha palabra que a foto che transmite]

07. Facer un cartel coas lendas das cores, o que significa cada cor da etiqueta.
08. Imprimir un cartaz de BIComún co enderezo web, para pór no alto do valado.
09. Escoller unha data e convocar á xente, difusión na rede e na rúa.
10. Colocar o material no valado.
11. Documentar a intervención con fotos, videos, entrevistas, relatogramas, etc.
12. Enviar documentos a Niquelarte para a publicación nesta web.
13. Engadide os puntos que consideredes oportunos, é dicir, adaptade esta ferramenta aos vosos intereses e contextos.


[Para calquera dúbida ou interese escribe a adela@niquelarte.org]

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*