¿Qué es?

BIComún é un acrónimo, suma das siglas BIC e do Procomún:

BIC, Ben de Interese Cultural, refírese a unha figura xurídica que aparece nas leis de Patrimonio Histórico Español. Cando un ben do patrimonio é declarado BIC, adquire a máxima categoría de protección a prol da súa conservación. A declaración ten lugar a través dun real decreto que xorde dunha decisión política, aínda que como cidadáns temos dereito a lle solicitar á administración abrir este proceso en calquera elemento patrimonial que valoremos como merecedor desta categoría. Na lexislación galega antes do BIC, tamén temos as figuras xurídicas dos Bens Inventariados e Catalogados e o Patrimonio Inventariado nos Concellos, que non sempre aparece na base de datos da administración Compostelana.”

+

“Procomún defínese como os bens que pertencen a todos, que herdamos, creamos conxuntamente e que queremos entregar ás xeracións futuras. O patrimonio, os bens patrimoniais, forman parte del e ademais precisan dun modelo de xestión que nace da interacción dos membros da comunidade. Un concepto que a pesar de estar de actualidade, ten moito tempo xa con nós.”

Da unión destes conceptos e da reivindicación de que deben ir unidos nace BIComúnCategoría mancomunada de protección patrimonial; unha palabra liberada na rede polo colectivo Niquelarte para nomear a todos aqueles elementos patrimoniais que se necesita y se decide conservar “entre todas”, un termo que en palabras do investigador Antonio Lafuente define espazos de encontro e frición entre o propúblico e o procomún.

Inicialmente -ano 2013-, foi un punto de partida para experimentar novos modelos de xestión social do patrimonio vencellados ao espazo público, lugar onde descubrir de que se trata, que características ten e como activar eses procesos. Un experimento social que contaba como ferramenta cunha galería fotográfica de bens culturais dun territorio específico disposta a interactuar con todo aquel que se acercase ata ese punto a partires dunha técnica sinxela de diagnose colectiva. Co paso do tempo, o semilleiro BIComún foi sembrado por persoas e colectivos que comezaron a prantar nos seus pobos, barrios e/ou cidades como resposta a ¿queres prantar un BIComún? As experiencias sucedíanse en diversos contextos, ao mesmo tempo, que xurdía a necesidade de aunar outras técnicas que permitisen a interacción social entre veciñas e veciños.

BIComún se compón de tres ferramentas mancomunadas de protección patrimonial que conforman un espazo hospitalario -físico e dixital- no que xerar entre todas un anarquivo de paisaxes contedor do procomún. Anímaste a coproducilo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*