Teis Rebelde [Galiza]

Vigo Rebelde, o metal en loita é unha investigación experimental que percorreu o pasado, presente e futuro das subxectividades situadas/relacionadas coa industria do metal na cidade de Vigo e, de maneira concreta, no barrio de Teis durante o verán de 2017 e dentro do proxecto #SalóndoMARCO impulsado por Fran Quiroga no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. A través desta proposta tratamos de observar e facer visible como a ciudadanía construe movementos sociais que vindican a sustentabilidade das nosas propias vidas e fixémolo con compañeiras e compañeiros do barrio nun proceso colaborado.

Transitamos cara o coñecemento a partir de diversas formas: roteiros pola cidade, mapeos colaborativos, conversacións e galerías fotográficas que facilitaron procesos compartidos de aprendizaxe e de rescate das memorias comúns durante case tres meses con, entre outras, Xenoveba Cordeiro, Eduardo García e Basilio Aragón do Plan Comunitario de Teis.

Novas en prensa

http://praza.gal/movementos-sociais/14783/a-memoria-do-movemento-obreiro-vai-mais-alo-da-fabrica-e-da-loita-ten-que-ver-cunha-relacion-de-solidariedade/

http://praza.gal/movementos-sociais/14991/o-mapa-do-vigo-rebelde-pechase-a-investigacion-sobre-o-movemento-obreiro-na-cidade/

Noticias

Mapexo colectivo no Mercado de Abastos de Teis

*Documentais realizados e producidos por Fon Cortizo e Adela Vázquez para o #SalóndoMARCO e o barrio de Teis.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*