Lunes, 01 Mayo 2017 21:19

Salón do MARCO

Written by 

Inauguración Salón do MARCO

Imaxe: MARCO de Vigo

 

O 22 de abril inaugurouse no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo o Salón do MARCO, unha proposta dirixida polo investigador Fran García Quiroga para convertir a antiga libraría-tenda do museo nun "lugar para facer", nun espazo sen muros aberto e colaborativo, onde a institución se convirte en extitución grazas a un espazo social onde facer entre todos é a acción protagonista máis tamén unha práctica inserta na xestión comunitaria. O Salón do MARCO non é susceptible a cercamentos porque hai unha comunidade que estará a soster ese ben común e todos aqueles bens que agromen durante un ano de traballo colaborativo no que varios colectivos de persoas estarán a mediar sesións, talleres, actividades, conversatorios, accións e/ou creacións dentro e fóra do Salón.

A primeira cita tivo lugar do 30 de marzo ao 12 de abril co obradoiro #FacerEspazo, facilitado por Álex F. Palicio e coa consultoría de Paul Guy para deseñar, dar forma, facer e ser parte do espazo. Nel participaron Alberto "Ash" Santos, Erik Balbuena, Zaida Gómez, David Mortol Moreno, Raquel López Castro, Mª Pilar López Ribera, Iria Treig Comesaña e José Manuel Vidal Vidal.

A inauguración tivo lugar o pasado sábado 22 de abril ás 12'30 do mediodía, na sesión vermú, cunha presentación de Fran Quiroga e Lara Dopazo á poesía.

A continuación amosamos unha lista das seguintes sesións, onde nós participamos coa proposta Vigo Rebelde, o metal en loita entre os meses de xuño e agosto:

18/19 e 25/26 de maio Comunidade Espistémica coa #Clínica Colectiva de Proxectos

9 de xuño Alg-a Lab co Obradoiro #Fabricación Dixital

Xuño e Agosto Niquelarte / Adela Vázquez coa Investigación Experimental #Vigo Rebelde, o metal en loita

20/21 de setembro Proxecto Derriba co Seinario #Comúns e Cultura

13 de outubro Luz Pichel e Monserrat Reclade con Arte & Ciencia #O galhegho lingua do común

10 de novembro Rita Caoba & Electroqueer coa Conversa Performativa #Pan de Cona


Para máis info:

Blog do #Salón do MARCO

Páxina Web do MARCO de Vigo

Benvidas! <3


blog comments powered by Disqus