Xoves, 30 Maio 2013 12:00

#BIComún Vilagarcía (02)

Written by 

Como cada primeiro domingo de cada mes, este 2 de xuño abriránse as portas da Praza da Peixería para facer o mercado social e de troco de Vilagarcía. Desta volta tamén serán postas en común as reflexións sobre a xestión dos bicomúns vilagarciáns. Colaborarán con nós na elección destes elementos os rapaces da Asociación O Faiado da Memoria.

E como esto do BIComun é unha proposta cidadana, lanzado ao dominio público e con aires da nosa terra replicables en calquera lugar do mundo, invitámosvos dende eiquí a participares. Ben podes achegarte ata a Peixería e pasar un bo día con todos os que anden por aló; ou senón podes participar en dixital con fotografías ou imaxes dalgún elemento que tí consideres BIComun e acompañalo dun tag emocional, é dicir, dunha palabra ou frase que ese ben che inspire.

Exemplo:

#VilagarcíaBen1

:: Nome: Petroglifos dos Ballotes

:: Elemento: Gravados rupestres

:: Cronoloxía: Idade do bronce

:: 
Localización: O Salgueiral, San Xinés de Bamio

:: Descrición: o conxunto de petroglifos dos Ballotes-Meadelo é un dos máis coñecidos e estudados de Galicia tanto pola cantidade como pola calidade dos gravados. Ademais, perto deles vive unha moura moi presumida, coñécela?

Petroglifos dos Ballotes

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas). Como exemplo, o tag que eu lle poño: pedras vivas

0
0
0
0

verde: está ben conservado

azul: non o coñezo

amarelo: gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

vermello: está mal conservado

blog comments powered by Disqus