Martes, 04 Xuño 2013 09:12

#BICommons/ BIComún ThinkCommons (03)

Written by 

Bicomun no thinkcommons

O próximo mércores ás 19,30 pm participamos nunha sesión da plataforma de pensamento en rede ThinkCommons, xunto a Domenico di Siena (@urbanohumano) para presentar a #oniquel, pero tamén para participar no debate sobre modos de xestión colectiva, o mancomún, a cultura libre, o como, a necesidade de cambio e acción real, etc. Grazas, Domenico, por nos invitar. E como iso de prantar bicomúns está a medrar a sementeira, pareceunos boa idea lanzar unha proposta de participacións BIComun para unha sesión online #BICommons:

BIC, Ben de Interese Cultural, fai referencia a unha figura xurídica que aparece nas nosas leis de Patrimonio...” + “Procomún defínese coma os bens que pertencen a todas, que herdamos, creamos conxuntamente e que queremos entregar ás xeracións futuras...”

BIComun é unha Categoría Mancomunada de Protección Patrimonial que, dende Niquelarte liberamos na rede, ao dominio público, para nomear a todos aqueles elementos patrimoniais que, froito dunha reflexión colectiva, decidimos conservar.

Trátase dun proceso de diagnóstico comunal e de experimentación de vías de xestión colectivas. O BIComun maniféstase, ata o de agora, en modo dixital e en modo físico en diferentes zonas xeográficas. Pero tamén queremos lanzalo de modo global, a múltiples territorios; o ThinkCommons é unha plataforma estupenda para que se expanda e a xente prante as sementes dende e onde queira. Queres colaborar? Participar, replicar, liberar, hackear o patrimonio, conservactivalo?

John Deere

Tweet: @Niquelarte #Bicommons Tractor Parroquia Campo Galiza Agortecnificado
Email/Facebook: Tractor. Parroquia Campo. Galiza. Tag emocional: "agrotecnificado".

Nesta ocasión queremos crear unha reflexión on-line (#BICommons). Por iso vos invitamos a enviar unha imaxe (acompañada do nome+lugar) dalgún elemento tanxible ou intanxible que consideredes que debemos incluir nesta categoría comunal de declaración patrimonial. Esa imaxe pode ir acompañada dun tag emocional que defina o que a cada un lle inspira ese elemento escollido e podedes indicarnos tamén unhas coordenadas xeográficas para ubicalos.

O modo de envío é a través do twitter con @Niquelarte #BICommons, vía correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou a través do evento vía facebook na páxina de Niquelarte.

Como percibimos o patrimonio? Como miramos as fraccións de memoria e identidade que nos rodean? Que e por que queremos conservalo? Como o facemos?

O debate/presentación dos contidos enviados terá lugar o día 12 de xuño ás 19,30 pm en ThinkCommons.

Moitas grazas por colaborar!

PD: Aquí vos deixamos o link ao BIComun que tivo lugar na vila de Bueu, en Galicia, en abril de este ano. E, xa en proceso, o de Vilagarcía que tivo lugar este pasado domingo na Praza da Peixería.

blog comments powered by Disqus