Luns, 04 Agosto 2014 16:38

BIComún: Identidade, Memoria Colectiva e Bens Comúns

Written by 

Dende a cidade branca, a antiga T'Hó, as accións niquélicas evolucionan en conexión con outras latitudes, #GalYuc é unha realidade que se expande...

Nestes derradeiros meses producíronse cambios importantes no Níquel, collemos forzas e seguimos a traballar por un obxectivo: o cambio social.

Pouco a pouco, obxectivos e accións reordénanse e readáptanse ao contexto yucateco, sen perder o enREDo coas súas raíces galegas. Un rizoma que comezou a crecer nestas dúas latitudes fai case catro anos e que, de novo, colle forza no seu proceso evolutivo.

Logo hackeado

Hackeamos o logo de Arinspunk para darlle un aire tropical ^_^

No mundo dixital, e máis concretamente nesta e nunha nova páxina web adicada exclusivamente ao proxecto BIComún, estamos a construir identidades, recollendo a memoria colectiva, conservactivando os bens comúns; pero segue a ser na realidade física onde se están a producir as cousas que fan posible os cambios a través das emocións de persoas incribles e daquilo que paga a pena nesta vida vendida.

O día 12 de agosto ás 10:40 am, @AdelaVV estará a compartir #BIComún no Aula 1 do Auditorio Cephcis, UNAM na Mesa Cosmovisión e Identidade, no X Congreso Internacional Literatura, Memoria e Imaxinación de Latinoamerica e o Caribe/Primeiras Xornadas Internacionales Transdisciplinarias Espazos de Diversidade e Interculturalidade no Sureste de México, Centroamérica e o Caribe.

Ponencia no Cephcis UNAM

A idea de estares presente neste encontro, vai máis aló do simple feito de presentar un proxecto. Serán 20 minutos nos que soñamos compartir, de xeito dinámico e participativo, o traballo e a implicación de moitas persoas; dunha construción colectiva que non ten sentido sen as emocións e as relacións socias honestas e sinceiras; máis tampouco sen o activismo e as ganas de loitar por cambiar as estructuras na política, na economía e na sociedade.

Nun ambiente no que probablemente as academias dominen unha paisaxe de tonalidade uniforme, co máximo respeto aos diferentes modos de pensar e perspectivas de investigar, actuar, traballar, recoñecer; buscamos ser críticos e cuestionarnos moitas cousas e, de modo sinxelo, compartir un coñecemento concreto das vivenzas pasadas, presentes e futuras onde estén presentes todas aquelas persoas que dende Galiza a Yucatán, pasando por Extremadura oU Portugal, están a construir este e outros mundos posibles.

Para os que andan por este outro lado do atlántico, o conto comeza ás 10:30 da mañá do mércores 13. Para os que están do lado virtual, haberá espazo para compartir todo o que queirades dende xa!

Apertas e riquiñismo!

More in this category: « BIComún en ORIGAMA
blog comments powered by Disqus