Luns, 13 Maio 2013 07:57

HackLendas C&R #1

Written by 

Había unha vez unha historia de tantas, unha desas que temos escoitado no transporte urbano, no supermercado ou na tenda da vila. Un relato de medos, desencantos e ingnorancias. Contos sen final feliz que quedaron estancados na historia e que non foron que de manterse, tan sequera, no imaxinario de lendas, mitos e fábulas.

Nun estanque de augas podres posábase unha mota de que chegaba de lonxe e era absorbida nun instante. Pero esa motiña viña cargada de sustancia e acompañada dun amigo fiel, un anaco de Lixo do máis puro cheiro a mar que viña dende Bueu, unha vila con encanto da zona do Morrazo. Ah! Non vos dixen de onde viña o Pó! Pois era de As Pontes, pero tiña rodado polas vilas de alá e acolá.

L&P Acid

Os deuses (práctico, guerreiro e, ainda que sempre escondidiño, todo un argallador) e Lixo (pacífico, idealista e soñador)

 

Vouvos contar o que pasou uns meses antes cando Lixo e Pó andaban de viaxe pola Illa de Menorca, pasando uns meses de inverno e ventos de Tramontana nun palacete de Mahón, posados nuns fermosos teitos. Nesa tranquilidade, nese merecido descanso no que se atopaban, o Vento forte e traidor abriu as fiestras de súpeto e levou por diante canto había por alá sen importar nada, sen escoitar, sen ollar nin observar. Vento era doente. Vento metía medo. Vento tiña o poder máis forte, pero non agallas. Pasou, arrasou e levou a Lixo e Pó.

Vento

O vilano Vento (sempre en busca do tesouro, botando vírgulas pola boca porque moito fala pero nada escoita)

Nese fluxo de gases, nese movemento, Pó decaía a momentos e Lixo ía levantándoo. Unha axuda en común que mantiña vivos o espírito de Pó e as enerxías de Lixo. Porque Vento non cesaba e a súa forza era cada vez máis grande.

No olimpo de deuses Pó comezaba a sair do abismo, agarrando forzas, recollendo luz e agradecendo a Lixo a súa axuda. Camiñando xuntos decatábanse de que precisaban de colaboración para esa loita.

.- Non vos preocupedes!!!, dixo Uralito. Chegado de entre os tellados máis altos e ben aillado para afrontar a Vento quen, asustado pola toxicidade do amianto, escapou correndo. Pero Uralito estaba aillado! jajaja

Uralito
O heroe Uralito (o aillante mediador e protector)

.- Ese Vento éche un medorento e un covarde! Moito aparentar pero poucos argumentos. Mirade como agora pecha a boca e non sopla nadiña! jajajaja

Lixo e Pó collían ár, respirando tranquilos.

.- Grazas Uralito! Es o noso heroe! Que podemos facer por tí, queres vir ata a vila a tomar uns viños?

.- Claro que sí, imos meus!



L&P Love

...continuará

blog comments powered by Disqus