Mércores, 24 Xullo 2013 14:28

HackLendas C&R #3

Written by  Rosa Tera

Un conto para unhas persoas moi especiais, penso que visionarias, que xa están respondendo coa práctica a cuestións nas que moitos nos preguntamos como:

Ona nacera no secano. No seu pobo, os días que chovía, os nenos non ían á escola. Moi pronto a súa pel terrosa acostumouse ao frío extremo no inverno e ás noites de calor que non baixan de trinta graos, e marcada polos extremos comezou a percorrer o mundo.

A súa pel de coraza estaba adaptada ao frío, non lle importaba traballar á intemperie ou en lugares onde en todo o día non pasaban de cinco graos, pero chegou un momento no que eses lugares desapareceron e emigrou ao norte.

A sorte, o medio e o sino fixeron que o mar entrase na súa vida. Os paseos pola praia transformábana, como as maulas de paos retorcidos, queimados e mutados polo mar, e a humidade xunto coas conexións que aparecían ao seu redor visibilizaron fisuras polas que vislumbraban outros mundos que se mesturaban, mutaban, se transformaban de forma interactiva sen necesidade, ou con pouca, de presenza física. Neles a terra e o auga mestúranse, os gatos andan sobre o agua, as sereas son de secano e os petroglifos de area.

Por estas rendixas colouse Sabela. Cada vez que abre unha das súas latas de ideas, o seu corpo expónxase e sinte que é posible poblar de mitos e seres lexendarios este mundo para facelo máis belo e sostible. Por suposto con esforzo.

 

Hacklenda escrita por Rosa Tera

Tradución ao galego: Adela Vázquez

More in this category: « HackLendas C&R #2
blog comments powered by Disqus