Sábado, 22 Setembro 2012 19:12

Petando...entras

Written by 

Imaxe da bóveda

Imaxe ao interior da igrexa

Chegamos ao Mosteiro de Camanzo a través dun labirinto de pistas, seguindo as indicacións de camiñantes con bastón de pau e mandil clásico cruzado. Chegamos e fechado. Un clásico das vilas, así que preguntamos e alguén nos dixo: -petade no portón de aí ao carón-...-¿e si se pode?-...-home! non se vai poder, para iso está a Igrexa, para que a xente vai vela, non?-. Así que petamos, a modo, para non molestar... outra veciña díxonos dende o balcón: -pero petade forte que se non non vos escoitan, sen medo ti dálle ben co ferro-.

Abriuse a porta. Unha vide fermosa, un claustro que foi collendo diferentes formas co tempo eFlora. Ela abre a igrexa e cóntache a historia e opina, e di que o tellado arranxárono hai pouco pero que non o deixaron ben; e é que os enxeñeiros... xa non se traballa coma antes. E teoriza sobre que as pinturas sonche ben antigas, que Patrimonio e os da Xunta andan estudando arranxalas, pero que nada máis van por alí e nada, e que os veciños (ou fregueses) tamén queren arranxala pero que os restauradores piden moitos cartos por traballar nelas.

Ese día vimos unhas pinturas murais con humidade, cunha capa pictórica caendo en escamas, problemas de sales e colonización biolóxica, un clásico vaia. As portadas de pedra son espectaculares, tamén a escultura do altar. Pero aí están, agardando.

More in this category: Habelas hailas »
blog comments powered by Disqus