Martes, 22 Marzo 2011 19:14

Habelas hailas

Written by 

 

¿"Éche cousa de meigas" ou cousa da medicina rural?

O caso e que fai dous días visitei a casa de Dona Manuela, veciña de Busto (A Coruña), quen se adica a isto da curación natural por necesidade. Anos hai que o seu marido precisaba de axuda para repara-las dores corporais que padecía, alá na posguerra, e visitaban naquel entón a unha curandeira que ensinou este oficio de curación a Dona Manuela para que calmase as doenzas do compañeiro.

Na cociña da aldea, a sorrir e faladora, Manuela séntame nunha banqueta e colle unha peneira cunha tesoira cravada. Ámbalas dúas colocamos os dedos no cu da tesoira e comeza falar, os chamados ensalmos, preguntándolle á Virxe se teño o "dropio verde", a "paletilla" ou o "dropio branco". Se a peneira vira cara min non o teño, do contrario téñoo.

Dropio verde e paletilla debían ser levados ao seu lugar. Coloca unha táboa baixo os meus pés e bótalle sal groso; descálzome e poño os pés na táboa. Ela colle sete fabas e un coitelo. Por cada faba, un rezo, acariciando o coitelo de arriba a abaixo do meu corpo mentres "conxura" verbas que apenas percibo polo baixiño (se Adela ten o dropio verde, que non inche...) e para levanta-la paletilla as seguintes:

Paletilla de Adela,
Deus lla volva ao seu lugar,
así coma a auga vai para o mar,
as palomas ao palomar
e o cura para o altar.
Co poder de Deus e da Virxe María,
un Padrenuestro,
e un Avemaría.

Durante nove días Manuela rezará por min e mentres, eu non debo inxerir alcol nin comidas acedas ou picantes. Toda unha experiencia que non fixo senón recordarme que este patrimonio intanxible está a perderse. Manuela, mentres tanto, trata de ensinar á súa neta esta virtude de sandar á xente.

“La voz humana era apta de transmitir, incluso antes del lenguaje articulado, informaciones, órdenes e intenciones; tenía el poder de suscitar por sus explosiones sonoras e innovaciones fónicas todo un universo imaginario. De manera que, a medida que el lenguaje iba evolucionando y definiendo sus estructuras se consolidaba en el seno de la colectividad la fe en la fuerza de la palabra, la confianza en la eficacia de su autoridad ritual. La palabra, que, en la mentalidad arcaica nombra, instituye, desencadena, controla y destruye, también posee virtudes terapéuticas, sirve, en condiciones específicas de uso, en el marco de un ceremonial con fines médicos, que activa procesos de sugestión o autosugestión, para la estabilización psicológica del paciente”. (Vasilica Cotofleac. “Cármides. Los encantamientos tracios”, A Parte Rei. Revista de Filosofía, 45 (2006), p. 3.).

Para máis información lede en pdf o artigo de José Manuel Blanco Prado neste link.

 

Fonte da imaxe pinchando eiquí.

blog comments powered by Disqus