Tódolos elementos químicos teñen unhas características ben definidas. Estas denomínanse propiedades periódicas e relaciónanse cunha serie de valores que determinan o seu comportamento.

Os dous conceptos elementais que caracterizan esta proposta son o patrimonio e a permacultura, convertíndose nunha acción que pode ser definida como permacultura patrimonial, ou o que é o mesmo, deseñar ecosistemas nos que a lectura do herdado e a capacidade de transmisión atopan o seu equilibro ao porse en contacto con outras, e coproducilo xuntas. O seu obxectivo supón unha dinámica de actuación baseada na conservacción ou conservactivación.

Que entendemos por cada un destes conceptos?

Patrimonio
Manuel Delgado di que "o patrimonio colectivo non se xestiona, xesticúlase, circula". Non estamos ligados somentes a elementos materiais e inmaterias conxelados no pasado senón que somos quen de tomar decisións cara o futuro artellando paisaxes. Pensamos no patrimonio como todo aquilo que a colectividade quere conservar, manter, adaptar e transmitir. 

Permacultura
Dende os anos 70, a palabra Permacultura (acuñada por primeira vez por Bill Mollison) evolucionou dende o concepto de agricultura permanente ata a vision de cultura permanente e sostible. Nós compartimos o concepto coma un sistema de deseño empregado para crear sistemas eficientes, productivos e rentables para a cultura, a sociedade, a economía e o medioambiente; baseándonos na observación dos sistemas naturais, a sabiduria dos sistemas tradicionais e a tecnoloxía moderna.

Conservacción/Conservactivación
Argallar proxectos que se moven ao ritmo de reflexións antropolóxicas e sociais que ligan pasado, presente e futuro, ou o que é o mesmo, o herdado e o transmitido. Valoramos, definimos, escollemos, propoñemos ou tomamos decisións facendo dos saberes compartidos unha apertura de diálogo que liga a memoria dos obxetos, dos contextos, das persoas; a memoria común. 

Niquelarte pon estes conceptos no seu nodo central tendo en conta outras capacidades enerxéticas de acción interrelacionadas, distribuidas.

Flor da permacultura

Enerxía Económica / Enerxía Educativa / Enerxía Comunitaria / Enerxía Tecnolóxica

Enerxía Paisaxística Natural / Enerxía Paisaxística Construida / Enerxía do Ben Común