Imprimir
PDF

Licenzas: Dominio Público e CC

Public Domain

Todo o contido desta páxina está cedido ao Dominio Público*. Agás nos casos nos que se faga referencia a outras licenzas, que han ser sempre do tipo Creative Commons.

*Dominio Público:

Entregamos os textos, imaxes, arquivos e vídeos desta web ao Domínio Público.

Podes, sen a nosa autorización previa, copialos en calquera formato, reproducilos parcial ou totalmente, vendelas copias, utilizalos para realizar unha obra derivada e, en xeral, facer todo o que poderías facer cunha obra dun autor que pasou ao domínio público.

O paso dunha obra ao dominio público supón o fin dos dereitos económicos dos autores sobre ela, mais non dos dereitos morais, que son inextinguíbeis. Non te podes atribuír a súa autoría total ou parcial. Se utilizas partes dela para realizar unha nova obra, débesnos citar expresamente (www.niquelarte.org). Non podes utilizar estas producións para insultar, inxuriar ou cometer delitos contra o honor das persoas e en xeral non podes utilizalas de xeito que vulnere os nosos dereitos morais.