Xoves, 24 Febreiro 2011 18:15

Vou a Bueu nun Bou?

Written by 

Carpinteiría de Ribeira

A relación do Concello de Bueu co seu Patrimonio nunca foi dende o meu punto de vista acertada. Imaxinade unha vila ligada dende épocas romanas á salazón, na que pervive nun fluxo continuo a súa relación co mar. Cerámicas especificas de almacenaxe que saían dos seus espléndidos fornos romanos, latas de conserva con deseños gráficos ben modernos que empaquetaban na Massó, os mellores botes polbeiros, obxectos ben feitos, lugares de producción, mecánicas de traballo, produtos e axentes produtivos. Un pobo estupendo para ter unha visión cronolóxica de cómo foi cambiando a relación entre o home e o mar nas diferentes épocas.

Agora saltamos do soño e voltamos á terra do home político, do desenrolo ese que trae progreso e ¿qué atopamos? O pasado romano soterrado baixo formigón en forma de vivendas. A moeda de troco: a promesa dun museo en Pescadoira. Estado actual: non realizado, pezas dispersas e en estado de conservación bastante criticable. A impoñente factoría de Massó demolida. No seu lugar vivendas das que non se abren as persianas. Moeda de troco: conservación da cheminea afogada por ferros e un Museo Massó diminuto que espera dende hai anos a realización do proxecto de amplicación.

Agora o perigo está na Carpinteiría de Ribeira do Purro cunha historia de uso e abandono, ameazada polo derribo. Pero xa hai xente traballando en conservala; haberá que argallar algo para axudalos...

More in this category: Novos usos, vida nova »
blog comments powered by Disqus