Martes, 23 Novembro 2010 22:48

Novos usos, vida nova

Written by 


Unha delegación de Niquelarte asistiu, hai unhas semanas, á charla-debate de Entremos na Panificadora. Aínda que chegamos un pouco tarde deunos tempo a estar na proxección dun video reflexivo, un resumo da historia dos acontecementos urbanísticos e o debate sobre a necesidade de novas propostas. O punto máis debatido foi o da confusión que producen as novas ideas do concello de situar alí a biblioteca estatal.

Unha plataforma dinámica que abre agora o proxecto Fermento Danubio e una recollida de firmas para declarar a fábrica Ben de Interese Cultural. A páxina recolle tamén a proposta de realizar un inventario de patrimonio industrial da Ría de Vigo, xa está en marcha pero ainda queda por facer así que participade porque a iniciativa a verdade é que pinta ben.

Todo isto fainos pensar no Patrimonio Industrial e no pouco que pensamos nel. Moitos son os edificios que xa non poden recuperarse, outros están a piques de desaparecer, outros foron “rehabilitados”. E é que os criterios son moitos, os intereses tamén, moitos metros onde pode practicarse no mellor dos casos o lema de “conservar” somentes a planta ou a silueta arquitectónica. Pero, ¿e por dentro? As fábricas falan tamén dende dentro cos seus espazos e estructuras, cos restos das maquinarias, onde aínda cheira a engranaxe de parafusos.

Patrimonio industrial para novos usos, eiquí quedan algún linkes para que deseñedes o voso. A nosa proposta vai na liña de que a máquina industrial ten que convertirse en máquina de produción de ideas.

http://www.rocaumbert.cat/index.php

http://latabacalera.net/

More in this category: « Vou a Bueu nun Bou?
blog comments powered by Disqus