Gasosas

gasoso
Estado Gasoso: os proxectos na súa fase inicial son simplemente ideas, sen forma nin volume.

Moen coma o vento

Localización xeográfica: Parroquia de Nebra, Concello de Porto do Son (A Coruña).

Descrición breve: Moen coma o vento -dicía Xulia veciña de Nebra- polo ben que moen os muíños da parroquia.

O muíño de Cornido, pola súa singularidade construtiva e o muíño de Tores coma característico, representan a tecnoloxía tradicional dos muíños de Nebra que pervive na economía, nas actividades comunitarias e no coñecemento da natureza.

Atópanse nun cruce de camiños e ríos, nun entorno de bosque de ribeira relegado a unha estreita franxa que deixa ás actividades agrícolas e de produción dos muíños conformar un espazo que interactua cos cativos das escolas, cos camiñantes do lugar, cos visitantes ou cos troiteiros. É, polo tanto, un espazo interesante coma nó vertebrador da historia, presente e futuro da parroquia.

Estado actual: gasoso. Subvención a proxectos dinamizadores en áreas rurais de Galicia AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) 2012 non concedida. En busca de quen o retome.

localización dos muinhos

Contido e obxectivos: Moen coma o vento xorde dunha proposta da Comunidade de Montes de Nebra, modélandose nas cabezas dos veciños e propietarios e plásmandose segundo as súas necesidades e recursos.

Actuacións proxectadas
Entorno do Muíño de Cornido: creación dun espazo aberto, actividades de lecer e usos agrícolas relacionados coa moenda (horta ecolóxica da escola).
Muíño de Cornido: rehabilitación do mecanismo do muíño para desenvolver a tarefa da moenda, devolvéndolle a súa funcionalidade aos donos e aos ollos dos cativos.
Muíño de Tores: conserva-lo inmoble a partir da limpeza, da eliminación daqueles materiais que perxudiquen a súa conservación e da reposición de elementos que minimicen o seu deterioro mediante emprego de materiais tradicionais. Pensando na reutilización como posible armacén para a ferramenta de traballo.
Camiño entre os Muíños: adecuación do sendeiro que percorre a ribeira do río Foloña cara á ponte onde se atopa o Muíño de Tores, eliminando a maleza existente na actualidade e mantendo a flora e foresta propias da ribeira fluvial.

Equipa de traballo:
Xabier Bernárdez, Adela Vázquez, Susana Anta, Xúlio Zé, Llorenç Pujol Pizá, familia Fernández Calzadilla, Xabier Otero, Iñaki Vicente.

Colaboradores: Comunidade de Montes de Nebra.

Documentación xerada: anteproxecto Moen coma o vento. pdf

¿Tes unha idea? ¿Queres colaborar neste proxecto? Escribe a Berna: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e a Adela: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo