Líquidas

líquido
Estado líquido: os proxectos en fase de desenvolvemento están a fluír.

Palcos da Música Beta

 

Localización xeográfica: calquera comarca de Galiza e replicable a calquera territorio.

Descrición breve: as festas continúan vivas pero os palcos mortos. O proxecto incide na importancia da recuperación da memoria histórica, dos usos e da funcionalidade dos palcos, da necesidade real que as parroquias teñen de revivilos de multitude de modos e adaptándose ao mundo contemporáneo. As orquestras non teñen que desaparecer, pois a verbena non é tal sin elas, pero é posible mantelos a partires dos novos usos e da implicación dos habitantes das parroquias.

Estado actual: Líquido. Recollendo documentación gráfica, visual e oral. Buscando colaboradores.

Palcos da Música Beta foi un proxecto seleccionado na sección "visionado" no Concurso 10x10 Pública polo Centro Ágora (A Coruña) e Fundación Contemporánea (Madrid). 2012.

Contido e obxectivos: este proxecto ten como obxectivo último a recuperación do espazo público sonoro das parroquias. Isto debe articularse nunha serie de fases e subproxectos que terán que ver coa ordenación e comprensión dos palcos na súa paisaxe pasada e presente, a análise da súa funcionalidade e características, posibilidades de reutilización e creación dunha rede de eventos que poñan en uso estes obxectos e dinamicen de novo o mapa.

Fase1: Rexistro da paisaxe dos palcos.

Fase2: Artellando as conexións e argallando na paisaxe dos palcos.

Fase 3: Producións dos circuítos de uso.

Equipa de traballo: Adela Vázquez, Xúlio Zé, Ana Cunqueiro, Luis Díaz Díaz, Pelucas.

Documentación xerada: Prototipo (GL), proxecto (GL).

Links: Nó Común, as fotos máxicas dos palcos, Blogaliza, Triángulo en Vimeo.

¿Tes unha idea? ¿Queres colaborar neste proxecto? Escribe a Adela: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

*Imaxe da portada tomada do magnífico e inspirador proxecto Music Boxes do fotógrafo Luís Díaz.