Líquidas

líquido
Estado líquido: os proxectos en fase de desenvolvemento están a fluír.

BueuGrafías

barcos de pesca

Localización xeográfica:
Bueu como concello e como amalgama de parroquias.

Descrición breve: BueuGrafías consiste na realización dun mapa da identidade do concello de Bueu a través da cartografía participativa. Unha identidade baseada no patrimonio da vila, do valor deste como parte da memoria do pasado, da actividade do presente e das liñas de acción do futuro.

De Bueu,

O noso ámbito xeográfico de actuación física está circunscrito ao concello entendido como unha amalgama das súas 3 parroquias. Crearemos ademáis un ámbito dixital de proxección na rede, que supón a difusión global deste coñecemento xerado localmente.  

De -Grafía,

Referido ao noso escrito, ao noso campo de estudo, á nosa recopilación ou repertorio dos diferentes xeitos de escribir/describir a Bueu.

Estado actual: líquido. Xa se presentou ao concello. En búsqueda de vías de financiamento e colaboracións locais para tódalas actividades propostas. Iniciando proceso de producción.

Contido e obxectivos:

.- Patrimonio BIComun: análise comunitaria dos bens de interese cultural que son de todas. BIC e Procomún como conceptos unidos para a súa conservación/acción.

.- Narrativas Colectivas: cada individuo ten o seu xeito de escribir/describir relacionado co seu xeito de percibir. A nosa grafía colectiva somentes pode ser unha suma das grafías individuais subxectivas. Trátase de identificar, entre tod@s, os elementos que definen a identidade local, por acumulación, ao xeito dunha nube de tags, explorando a semántica do territorio.

.- Cartografía Práctica: aprender a construir mapas individuais e colectivos, mapas que nos ensinen a comprender o territorio pasado e presente, e a proxectar sobre él o futuro. Facer un mapa é rexistrar e indagar na paisaxe non só territorial, senon tamén social, cultural e económica, describindo a nosa relación con ela. Queremos debuxar a percepción colectiva do territorio, elaborando unha cartografía mental, sintetizando a identidade da comunidade.

Operarios Niquelantes: María Masaguer Otero, Adela Vázquez Veiga, Xúlio Zé.

Colaboradores: Mario Hidrobo, Sergi Hernández, Pedro Pérez Forcén, Rosa Tera, Arinspunk, María Novas.

Tes unha idea? Queres colaborar neste proxecto? Escribe a María: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo