Sólidas

estado sólido
Estado Sólido: os proxectos finalizados logran unha forma e volume definidos, aínda que sempre poden engadirse outros elementos relacionados que iniciarán por sublimación o ciclo de novo en forma gasosa.

BIComún



Localización xeográfica:
onde haxa terra, este proxecto é unha sementeira.

Descrición breve: o concepto Bicomún mestura as siglas de Ben de Interese Cultural co Procomún.

Un concepto que da nome a unha “categoría mancomunada de protección patrimonial”. Unha palabra liberada na rede (dominio público) para nomear a todos aqueles elementos patrimoniais, que froito dunha reflexión colectiva, decidimos conservar.

BIComún é un concepto aínda en expansión, un proceso de experimentación e desenvolvemento que está en evolución. Unha concepción teórica que debe ser experimentada e retroalimentada, que vai acadando o seu xeito en cada acción e reflexión colaborativa.

Estado actual: sólido. Está presente de xeito líquido movéndose pola rede e, de cando en vez colle consistencia e solidifícase nun lugar, nunha data determinada. Cada vez que solidifica en físico a parte líquida faise máis viscosa, pero non deixa de ter capacidade de fluir.

Actualmente é proxecto de tese en Traballo Social, grazas a unha beca de Posgrao da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) 2015-1017.

Contido e obxectivos: sabemos que o BIComún ten que ser un punto de inicio para experimentar modelos de xestión social do patrimonio, polo tanto ten que nacer vencellado ao espazo público, lugar onde descubrir de que se trata, que características ten e como usalo.

Polo momento o que queremos facer para iniciar este experimento é colocar galerías de elementos patrimoniais nos espazos públicos das cidades, aldeas e vilas; e interactuar. A través dunha metodoloxía sinxela BIComún con todo aquel que se achegue ata ese punto.

Niquelarte fai un chamamento a que todos usedes o concepto, que repliquedes a experiencia experimentando con él. Así construiremos o mesmo de xeito colectivo ;)

Colaboradores: Arinspunk, Motivos d´Aldea, Coordinadora Salvemos o Estaleiro, Xarda, Xeitura, MaOs, Observatorio de Arte Urbano, Xeitura, Vela Auria, Recuperar os nomes, VouAxenda, #imosentrar, Proxecto Cárcere, Escua, Guadalupe Jiménez Esquinas, Sara Costa, Martiño Vázquez, Cristina Fernández, Olalla Manzano, Joselino Mis Puc, Natalia Hernández Tangarife, Llorenç Pujol Pizà, María Silvina, Juanjo Pulido, Sabah Walid, etc.

Documentación xerada: vídeos en Vimeo.

Links: bicomun.niquelarte.org

Palabras de Germám Ermida en culturagalega.org

Tes unha idea? Queres colaborar neste proxecto? Escribe a Adela: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo