Martes, 02 Outubro 2012 18:39

…Niquel_ando a palabra "hack"…

Written by 

1º Declino verbo hackear:

Eu hackeo
Tí hackeas
El hackea
Nós hackeamos
Vós/Vostedes hackeades/hackean
Eles hackean

2ª Formo frase suxeito+verbo+obxecto+substantivo que define o que é para mín hackear:

“Os habitantes fan cousas posibles”

3º Formo frase verbo+suxeito+obxecto+substantivo+acción para proxectar unha posibilidade de transformación/hackeo:

“Hackeemos tod@s este mundo líquido con empeño”

4º Parafraseo o hack:

“Reflexionemos tod@s acerca do contexto actual con empeño en transformalo”

5º Propoño acción/hacke:

“Debuxar nun cartaz unha verba coa raíz  hack- que amose acción”

6º Levo a cabo a acción-hackeo:

“HACKEANDO”

7º Documento a verba hackeada mediante unha fotografía:

“Clic”

8º Transporto a imaxe á computadora, do clic ao hack.

9º Abro programa para edición de imaxes, hacking.

10º Transformo a imaxe-verba “HACKEANDO”:

“¡Tódalas veces que queiras! Diferentes xeitos, estilos e lerias”


Inspiracción e satisfacción.

Workshop Urbanismo Táctico: Hacking the city celebrado na UNIA Sevilla 25-27 setembro 2012. Gracias Paco, Óscar, Nacho, Aurora, Domenico e compañeir@s tod@s.

blog comments powered by Disqus