Xoves, 08 Novembro 2012 21:58

10x10 Pública

Written by 

 

Os Palcos da Música visitaron o Centro Sociocultural Ágora de A Coruña o día 6 de novembro de 2012, onde aconteceu o encontro de asesoría e presentación de proxectos seleccionados polo Concurso 10x10 Pública da Fundación Contemporánea. Unha primeira selección escolleu 25 de entre 125 proxectos presentados dende toda a Península. Mesmos que se atoparon pola mañá cun estupendo comité de expertos chegado de diferentes puntos do país e de Galiza. A experiencia matutina foi do máis dinámica e produtiva; entretanto todos iamos compartindo as nosas inquedanzas, prototipos ou proxectos en compañía.

A partir das 4 da tarde, 15 dos 25 seleccionados facían a súa presentación en público, contando cun tempo de cinco minutos para expór e outros cinco para debate. Foron minutos de aprendizaxe, sorpresas, risas, expectación e descubrementos varios. Moita calidade e moi boa xente.

Dos 10 proxectos que tiveron a oportunidade de se presentar cos asesores pola mañá Niquelarte levou o seu prototipo SonDoKiosko, como parte do proxecto Xira dos Palcos da Música, xunto a Osadía Cultura, Urdime, ¿Quién da a la vez?, Andaravia, Arquivodanza, LAB Rural, Centro Digital Doc.Hc.Juntas Vecinales. España ou Polisemias.

Mailos 15 que tamén farían a súa presentación en público pola tarde con moita forza e enerxía: Azoteas Colectivas, coa estupenda Amaya como portavoz; Zoohaus coas maravillosas Inteligencias Colectivas; Manu de Zuloark coa bravísima Declaración Universal de Derechos Urbanos e a famosa "silla"; a grande presentación de Ania de FAC Peregrina; o incrible proxecto O monte é noso: sachando o Procomún de Alg-a; o emotivo Vuelta a Ítaca; os mozos do Elefante 330 preparado para A Coruña; as rapazas danzantes co prometedor R.A.R. Arte no rural; as 100 Miradas dende Segovia, unha nova ollada ao mundo; os Diálogos Improbables/No Lugar dende Lalín; o espazo de microteatro de La Tuerca 27; as mozas alegres e dinámicas de Eco Consume, unha boísima proposta; a elegancia de Plétora Magazine; a acción e forza positiva chegada dende el Solar de la Corona de Valencia ou Carla "Hackerina" que, ao meu parecer, acometeu a impecable exposición e o grandísimo traballo con Robocicla dende Extremadura; un dos proxectos que recibiu a axuda económica xunto aos FAC Peregrina de Compostela e os Alg-a de Vigo.

Noraboa aos tres e a tod@s, gracias a 10x10 Pública por lanzar oportunidades coma esta, que tan necesarias son.

 

 

*Quedan sen enlazar algúns dos proxectos por non seren atopados na internet; se alguén sabe deles ou notades algún erro neste pequeno texto, non dubidedes en facelo saber, contactando a Adela.

More in this category: « sOpA'14 Asemblea Xeral! »
blog comments powered by Disqus