Xoves, 02 Maio 2013 19:07

#ObxectivoMuelle

Written by 

 

Observatorio de Arte Urbano

Muelle, Juan Carlos Argüello, foi un dos primeros e máis coñecidos artistas de grafiti, do Madrid dos anos 80. Levou a cabo unha particular performance urbana que coincidiu cun cambio socio cultural importante e cunha apertura política ao resto do mundo.
Agora, despois de case trinta anos, queremos recuperar a memoria coa axuda do obxectivo das nosas cámaras e crear novos rexistros.
Para iso propoñémosvos recopilar entre todos o maior número posible de firmas súas, xa sexa con fotos antigas ou novas, de obxectos que teñades, para formar un catálogo social que convertiremos en postais para facer unha exposición na rúa onde serán repartidas a modo de Agasallos Urbanos.

PARTICIPA

Mándanos fotos das obras de Muelle a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e difunde a acción para que sexa máis efectiva.

DINOS QUE PENSAS

Forma parte activa da convocatoria e enche este formulario, con el poderemos valorar as opinións de tódoslos participantes, fáinolo chegar, éncheo e non esquezas darlle a enviar.

A EXPOSICIÓN

Será a derradeira fin de semana de xuñoo en Madrid e os que asistan poderán levar a postal que máis lle guste. Nuns días anunciaremos o lugar e a hora.

DATA LÍMITE

Se queres que a túa imaxe forme parte da exposición, envíaa antes do 23 de xuño ás 12 da noite.

Logo Níquel

blog comments powered by Disqus