Sábado, 11 Maio 2013 18:43

Asemblea Xeral!

Written by 

Queres coñecer ao Níquel? Sempre quixeches argallar con nós pero non sabías como facelo? O Níquel toma forma física e organiza un lugar de encontro, de debate, de proposta, de reflexión e de xuntanza colectiva, sorrisos e xente riquiña. Quen somos os que nos achegamos ata alí? Para que? Inquietudes e propostas? Que é o Níquel? Que fixo ata o de agora? Que queremos facer no futuro? Queres deseñalo con nós?

Esperámosvos!!! Non vos esquecer de traer os electróns ben dispostos, hai moito que enlazar!!!

Sábado 18 de maio as 10 a.m. no espazo de baleiro.org en Santiago de Compostela
Visualizar o mapa ampliado

Lixo e Pó

E Lixo e Pó? Que pasou con esa “partícula insignificante” e ese “cachiño de maldade”? Pois que foron atrapados pola molécula niquélica e agora Pó está camuflado detrás da molécula e Lixo está a facer unha campaña de socios. Lixo e Pó andan soltos! O imaxinario niquélico comeza a hackear os mitos e a pór en marcha as narrativas, os sonos e os mundos posibles. Andade atent@s porque estes dous calandracas van facer boas trangalladas e "argalladas" xunto a todo un ecosistema de novas personaxes que a HackConservera equilibrará e Pó, o deus dos deuses do Olimpo Niquélico, comezará a guerrear co resto dos compañeiros, electróns e ións!

blog comments powered by Disqus