Sábado, 10 Agosto 2013 18:49

Arquitecturas Colectivas en Galiza

Written by 

Arquitecturas Colectivas precisaba para o 2013 unha paisaxe vectorial e xeolocalizada.

Skyline Territorio Morrazo

O espazo, o Alga-lab, situado na parroquia de Valadares, será este ano sede do VI Encontro de Arquitecturas Colectivas que chega ata Galiza con moita frescura, en tempos revoltos, pero ben envoltos.

#aacc_galiza

E enREDados están xa colectivos e xente da terra e de máis aló para argallar na súa posta en marcha, facer realidade unha nova reunión entre persoas e colectivos interesados na construcción colaborativa da paisaxe habitada. Libre e abertamente.

A rede constitúe unha ferramenta para o intercambio de coñecemento e a colaboración en diferentes iniciativas, articulando sistemas de comunicación, proxectos comúns e encontros presenciais. AACCGaliza

Hábitat Social, Ergosfera, Flu-or FAME, Tankollectif, Niquelarte, Alg-a Lab, Tecnoloxías Apropiadas, Dexeneroconstrucción…son algúns dos colectivos que están a pór grandes enerxías en organizar o acontecemento. Non é doado, menos nestes tempos traballosos, coller esa firmeza e centrar todo ese potencial; eles están a conseguilo. Paseniño pero decididos, coñecéndose e amalgamándose para tramar #aacc_gz non só para éste 2013.

Fíos de mails e documentos compartidos, reunións on-line e físicas para comezar a ver detrás das tipografías e perfís dixitais a Manu, MaríaM, MaríaR, MaríaN, Fátima, Nacho, Marta, Iago, Pablo, Cristina, Ricar, Luis, Gutier, Juan Miguel, Yago, Ramón, Carolina, José Manuel, Xiao, Alex, Adela e máis…porque han ir chegando neste mes que aínda queda de aventura-experiencia colectiva.

E tí, queres compartillar e facer arquitectura colectiva? Xa están abertas as inscricións (individuais e colectivas); o planing de aloxamento e comidas a escoller, as temáticas dispostas e a invitación a colaborar e a propór actividades máis que lista!

Se dúbidas, ou aínda non decides, podes esperar uns días e estar atento á web, onde próximamente serán publicadas as fichas de actividade que xa van chegando.

Para máis ideas de que vai isto e esto outro, aquí podedes ollar os grandes encontros pasados, pero presentes.

O bó vivir, un dos lemas da proposta deste ano…

Hórreo en Alg-a

 

“O bo vivir, oportunidades para a emancipación e a vida digna”, unha realidade que pode sosterse na nosa sociedade; para tod@s. Un modo de vivir, necesario, co que queremos reivindicar as accións cara un cambio social.

Pero falaremos tamén de #rurbano, #metamap, #reUso, #BIComun, #habitat…e tantos outros que irán saindo para configurar unha rede semántica que se apodere das paredes dos nosos espazos.



Recoñecedes estes módulos? Son, dende hai tempo, parte da Rede. É momento de compartilos con vós e re-inventalos/re-inventarnos xuntos.

Eu vou, tí ves?

Home claro, non vou ir…e tí tamén!!! O que aínda non sei é se irei en físico ou en formato vectorial-píxel, mmm. Todo suma para argallar e pór a funcionar a nosa intelixencia colectiva!

Contedores en Alg-a Lab

Twitter

Hastags: #aacc_net #aacc_galiza

Facebook

Web

blog comments powered by Disqus