Mércores, 28 Agosto 2013 09:06

BIComunLAB chega a Ourense

Written by 


Este mes de setembro Bicomún chega á Facultade de Historia de Ourense. E non o facemos sós, irrumpimos nas aulas xunto con outros axentes activos cos que xa traballamos no Bicomun (05). Xeitura, Recuperar os Nomes, Bela Aurea e #imosentrar serán os nosos compañeiros para abrir espazos de reflexión colectiva expandida na institución académica.

Panel-liña do tempo

Imaxe dos carteis do Bicomun Ourense (05) no bar Trampintán, na praza da Vila

Organizamos, polo tanto, un obradoiro: #bicomunlab (01) terá lugar o día 3 de setembro na Facultade de Historia de Ourense, no Aula 2.4. O obradoiro inscríbese dentro do programa de acolllida para novos alumnos universitarios, esperamos que as enerxías dos novos próximos historiadores, sumadas aos dos que xa levan uns cuatrimestres traballando, nos axuden a enredar co patrimonio da cidade. Abriremos a aula ás 19.00 horas para todo aquel que queira acompañarnos, convertíndoa nun espazo público de conversa cidadá.

Este é o programa:

13:00 - 14:00 Debate – Presentación: Que está a pasar na xestión patrimonial? Que é o Bicomún?

Cunha breve exposición dende a perspectiva da universidade, da empresa e dos axentes sociais propoñemos unha reflexión colectiva sobre a necesidade de novos modelos de xestión patrimonial. Como xorden, por que?. Cales son os axentes que interactúan?. Que é a día de hoxe o patrimonio? Como re-aprendemos as nosas tarefas no contexto actual? Que oportunidades e ameazas temos para facelo? Moitas destas preguntas están sendo prantexadas ou recollidas polo proxecto #bicomun, centrarémonos nel como proxecto-rede semente e na súa experiencia-experimentación-acción.

16:00 - 18.30 Obradoiro: Procesos de conservactivación dun Bicomún

Falar de Bicomun é convesarr tamén de procesos de conservactivación. Abrimos este espazo para levar a cabo un obradoiro de traballo sobre casos reais da cidade de Ourense. Feita unha diagnose participativa na rúa, queremos seguir reflexionando sobre catro casos concretos: o castro de Oira, a Cadea da Coroa, o Rianxo e a Toponimia. A través de catro grupos de traballo, coordinados por axentes activos nestes procesos abertos a día de hoxe na cidade, debatiremos sobre as posibles liñas cronolóxicas cara o futuro.        

19.00 - 20.30 Reflexión Colectiva: Exposición aberta e presentación de prototipos

Os catro grupos de traballo presentarán as súas propostas nun tempo máximo de 10 minutos, abrindo o debate ao resto dos asistentes e recollendo novas ideas que complementen e alimenten a liña temporal. Dos catro exemplos sacaremos unhas conclusións finais. Convidamos a todos aqueles interesados a que veñan a argallar con nós.

*O material producido (e rexistrado) ocupará un dos muros da exposición que se inaugurará na segunda quincena de setembro na sala Alterarte do Campus Universitario de Ourense. Ficade atentos, próximamente máis info.

blog comments powered by Disqus