Mércores, 02 Outubro 2013 21:36

Coñeces BIComún?

Written by 

 

Acceso á exopsición

Para a xente riquiña que se achega ata aquí e máis alá...

Estás a piques de entrar nun espazo que asemella ser pechado, máis se te asomas verás que hai unha forte conexión co exterior. Compilado aberto de termos, conceptos, palabras liberadas, imaxes con memoria, pegadas, documentos visuais e sensibles…

Coñeces BIComún? Esta é só a primeira pregunta: as respostas están no interior da sala, máis tamén en vós mesmos. Nas paredes reflexivas de definicións, máis tamén nos muros que se constrúen na rúa ou na internet. O espazo público mantén unha xanela co espazo en rede. Muros construidos en obradoiros ou muros que tí mesmo poderás construír...

...bicomunicando, bicolaborando, biconstruíndo, bicomún...

Este é o texto do panel de benvida da exposición Coñeces Bicomún? que, dende o 16 de setembro e ata o 11 de outubro, ocupará as paredes da sala de exposicións Alterarte na Universidade de Ourense.

Unha exposición que mestura o traballo de reflexión máis teórico coa posta en práctica experimental. Un percorrido polas definicións e preguntas dos conceptos BIC/Procomún/Bicomún. Materiais que chegan de sete meses de traballo na rúa entre Bueu, Vilagarcía, a rede, Madrid, Muxía, Camariñas e, por suposto, Ourense. Máis tamén do coñecemento de xente pro-activa nestes asuntos do patrimonio local e da comunidade. Materiais que nós tan só ubicamos nun muro en branco e que os habitantes-viandantes foron enchendo de cor, de expresións, de palabras, de emocións...


Infografía

A exposición é un exercicio colectivo, unha invitación a construir realidades próximas xuntos. De aí que tamén houbese oco para os procesos de conservaC?ctivación que deseñamos no BicomúnLab o día 3 de setembro e para unha parede interactiva na que podedes xogar a montar definicións múltiples, retos, sonos, realidades máis ou menos efímeras. Pode que estas combinacións de palabras só sexan compartidas cos visitantes da exposición que, como vós se achegan ata ela, ou tamén compartilladas con todos na rede, dependendo do dixitais-analóxicos que sexades ^_^

Procesos de conservactivación

Unha mostra que ainda que está no interior da sala, xorde no espazo público como unha galería patrimonial a construir entre tod@s e coma un lugar de conversa que agora traspasa a porta pero eses muros que a pechan, seguen abertos.

E como se trata dunha expo que xorde na rúa, feita de materiais nómadas e reciclables, xa está buscando novos lugares onde chegar. Non queremos gardala e que quede pechada nun almacén; así que a nosa idea é que siga xirando. Quen quere darlle outro pouco de vida nalgunha outra cidade-vila? Parece que na Coruña a xente do Proxecto Cárcere xa se está a animar! ^_^

Grazas Bea Comendador por darnos a oportunidade de traballar libremente cos muros. Graciñas Martiño Xeitura, María e Martín Xarda e a Xulio Zé Arinspunk por axudarnos a idear/facer realidade os deseños dos documentos compartidos. Presentes estades Xabier Bernárdez, Katy Carey, Carla Boserman, Montenoso, Bela Áurea, Imosentrar, Recuperar os Nomes, Biluriko, Antonio Lafuente, Elena Gayo e Observatorio de Arte Urbano, Domenico di Siena, ThinkCommons, Guadalupe Jiménez, Víctor Ulla, alumnos e participantes do BicomúnLAB e xente das vilas e cidades que construides Bicomún. Unha inspiración clave para a montaxe foi #smartcitizens, exposición de Paisaje Transversal que visitamos en Madrid no mes de xuño.

Tags e verbas na pizarra

 

Cartaces

Expo case lista

blog comments powered by Disqus