Venres, 23 Maio 2014 17:09

sOpA'14

Written by 

Educar no común, contactar, facilitar o acceso e a transmisión ao patrimonio no medio rural. Traballar no sentimento colectivo, con xente que quere comprometerse coa comunidade, que quere mudar as formas de relacionarmos coa nosa cultura. Emancipar o coñecemento mediante a expansión dos saberes e la cocreación de contidos e metodoloxías...

Así se define o sOpA, Congreso Internacional de Socialización e Educación do Patrimonio no Medio Rural que, nesta segunda edición trasládase a Galicia, concretamente á vila de Celanova, entre o 22 e o 27 de setembro deste 2014.

Tazón da sopa

 

O ano pasado estivemos en Malpartida de Cáceres, na que foi a primeira edición deste encontro maravilla que tanto impactou en moitas das cabeciñas que por alí estabamos, e que supuxo un antes e un despois para o transcorrer do cambio social. Este ano o congreso sOpA quere ser un foro de presentacións tanto de profesionais como daquelas articuladas por outros axentes vinculados ao patrimonio + un lugar de conversación, exploración teórica e metodolóxica + un lugar onde experimentar mecanismos conxuntos de acción.

Invitámosvos a tod@s a participar, aínda está aberto o prazo para inscripcións e propostas ata o 5 de xuño. Aquí podedes informarvos!

http://sopa14.redsopa.org/

blog comments powered by Disqus