Sábado, 16 Xullo 2016 11:10

#PEMAN Programa de Estudos en Mancomún

Written by 

Fai tempo que non escribimos novas nesta web, non porque non haxa -sempre é bo momento para compartir experiencias- senón porque a vida ás veces vai artellando outras conexións e é preciso descansar nalgúns intres. Agora voltamos cunha boa nova, esperando que este sexa un nodo máis para falar das experiencias compartidas por moitas persoas e en diferentes contextos, en torno aos Comúns, Ruralidades e Feminismos.

O #PEMAN refire ás siglas do Programa de Estudos en Mancomún que coordina o colectivo Montenoso xunto ao grupo de investigación Histagra da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Rede Revolta; ademáis de comunidades de montes como a de Carballo, o Concello de Allariz e outros moitos involucrados para conectar saberes e transformar realidades. O programa está financiado pola Fundación Carasso, "unha fundación familiar que traballa entre Francia e España para facilitar encontros e tender pontes entre universos que non se comunican entre sí, para realizar o que parecía imposible".

Unha das compañeiras de Niquelarte foi seleccionada para colaborar como embaixadora na primera capa de participación xunto con outras vinte persoas. Ata o momento sucedéronse xa dúas sesións nas que nos reunimos en Compostela para comezar a traballar nos obxectivos do programa e na elaboración da convocatoria aberta para colaboradores que podedes atopar neste link.

Mesas de traballo

O dossier do programa podes descargalo aquí.

Estamos moi contentas de ter esta oportunidade de aprendizaxe experiencial e afectiva tan importante para todas. Dende as latitudes emigradas onde estamos a vivir -entre Galiza e Yucatán- seguimos traballando e compartindo con moitas persoas que, máis aló das capas de participación do propio programa, están e estarán a relacionarse, comunicarse, afectarse de/con nós.

Para o que precisedes, aquí estamos <3.

blog comments powered by Disqus