Líquidas

líquido
Estado líquido: os proxectos en fase de desenvolvemento están a fluír.

Canibalismo #CPP

Localización xeográfica: Galiza, Yucatán e o mundo dixital.

Descrición breve: a idea é, de xeito semanal, facer unha pequena reflexión sobre o estado do noso patrimonio e a nosa relación con él nun blogue cedido polo xornal Praza Pública. Articulando e argallando palabras, entrevistas, artigos, reseñas de opinión en #opinionscanibales, audiovisuais móbiles ou imaxes no #canibalescopio. Recollendo datos sobre o patrimonio galego e na emigración mexicana no Iucatán.

Que consideramos patrimonio?, Como se xestiona?, Como o percibe a sociedade?, Cal é o papel da comunidade científica e das administracións?, Como construímos a relación dos obxectos e da memoria nos tres tempos verbais?. En definitiva, que carallo é isto do patrimonio? e o máis importante, que queremos facer con el?.

Estado actual: sólido. O blogue sobre patrimonio do xornal Praza Pública en funcionamento semanal.

Contido e obxectivos:

  • Canibalismo: porque somos caníbales, porque nos alimentamos do pasado, consumímolo para o noso beneficio enerxético. Sen embargo a etimoloxía da palabra en lingua indíxena fai referencia á ousadía e á audacia; polo tanto dende aquí lanzamos un berro en lingua caribe. Sempre fomos un tanto tropicais.
  • Patrimonial: porque traballamos cos trebellos, as historias, as paisaxes, as lendas, os monumentos, as áreas arqueolóxicas, as factorías, a arte, a literatura, os contos...Todo aquilo que se esquecemos morre. Sempre fomos moi sentimentais.
  • Periférico: porque non só traballamos coas unidades centrais senón que usamos tódolos dispositivos interconectados, esas pequenas cousas que ninguén repara nelas pero que tamén forman parte do que somos. Sempre fomos xente que gosta do detalle e observadora.

Operarios niquelantes: Adela Vázquez Veiga, Xúlio Zé, María Masaguer Otero,

Colaboradores: Praza, Mario Hibrobo, Uxío Reinoso, Entremos na Panificadora, Sergi Hernández, etc. 

Links: Praza, Canibalismo Patrimonial Periférico

¿Tes unha idea? ¿Queres colaborar neste proxecto? Escribe a Adela: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo