Líquidas

líquido
Estado líquido: os proxectos en fase de desenvolvemento están a fluír.

Conatocultural

 

Localización xeográfica: Calle 40, Barrio de San Juan. Valladolid, Yucatán. México.

Descrición breve: dúas pedras calizas na porta, unha ceiba. Velas, música, comida. México explota no ar esparexendo cores e tradicións. Ingredientes locais cociñados mesturando creatividade e receitas doutras latitudes. Mesas de madeira, cruces verdes. Antepasados presidindo a segunda porta de entrada. Ruxe-ruxe de moitas linguas. Maias de onte e de hoxe. Xente falando do cotián sorprendente. Miradas enredándose polos muros, xorden ideas de sabor a tamarindo. Conato 1910 foi no pasado un estoupido de futuro. Hoxe queremos converte-lo nun novo punto de inicio, un espazo onde a luz e as cores invadan as materias grises. Inicia polo tanto, ConatoCultural.

Estado actual: sólido. Xa se fixo a primeira intervención artística no local e a primeira exposición.

Contido e obxectivos: Conato restaurante histórico é un dos mellores lugares en Valladolid para tomar unha ensalada, pasta, burro ou taco. Unha combinación de boa comida a prezos populares, xente local e turistas e unha decoración moi especial que viña dada pola personalidade característica do seu dono, Hugo. Unha mestura de mecenas das artes e da cultura cun toque espiritual que coida das novas ideas e da xente con folgos para facelas realidade. Namorados pola súa personalidade e acollidos na súa casa, empezamos a darlle voltas a cómo pór en práctica algo que Hugo levaba tempo pensando; devoltarlle ao local de Conato a capacidade de ser un centro de operacións e un intercambio de ideas. Nace a idea de ConatoCultural e comezamos a traballar. Pelucas e NanVaz debuxan o páxaro Toh que enche de vida artística a bautizada Sala da Menora e inician as expos. Agora Xúlio está traballando para darlle unha nova imaxe gráfica ó local e María xestiona un feixe de documentos, ideas e colaboradores para que en outubro publiquemos o primeiro tríptico de programación trimestral.
Este é o noso primeiro proxecto de creación e xestión cultural para unha empresa privada.

Equipa de traballo: María Masaguer, Xúlio Zé, Pelucas, NanVaz, Faragullas e toda a equipa de Conato.

Patrocinadores: Conato 1910.

Documentación xerada: Historia do Sitio. pdf

Links: Facebook

¿Tes unha idea? ¿Queres colaborar neste proxecto? Escribe a María: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo